A Protección de datos nas Corporacións Locais

Este pasado sábado, 17 de xuño constituiuse Goberno en gran parte dos Concellos, tomando posesión os Concelleiros/as electos/as que xunto co/ca Alcalde/Alcaldesa formarán o Pleno da Corporación.

Recentemente a Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) publicou unha nova guía de actuación dirixida ás entidades locais, a cal da resposta a moitas das dúbidas que se plantexan no día a día da corporación local, especialmente en canto aos plenos e á figura dos Concelleiros/as.

A primeira das cuestións que aborda a guía de entidades locais é a publicación en internet das actas dos plenos municipáis, concluindo a AEPD que partindo dende o punto de vista de protección de datos no que a publicación en internet se entende como unha comunicación dos mesmos, resulta lícita a publicación das actas cando os datos de carácter persoal que se recollan nas mesmas se refiran a actos debatidos no pleno e a disposicións obxeto de publicación no Boletín Oficial que corresponda; para o resto de actas, onde consten datos de carácter persoal, será necesario o consentimento expreso do afectado/a. En ningún caso poderán ser obxeto de publicación cando a Corporación houbese declarado segredo o debate e votación por afectar á intimidade e honor dos cidadáns.

A segunda das cuestións que aborda é a licitude de grabar as sesións do Pleno. A xurisprudencia avala dita grabación, sen embargo a AEPD advirte, en primeiro lugar,  que é necesario atender aos límites impostos polo artigo 70 da Lei de Bases do Réxime Local, cando por maioría se acorde o segredo do debate e votación e, en segundo lugar, dirixe a advertencia a quen grabe dita sesión, quen será responsable no caso da súa publicación.

A terceira das cuestións que se analizan é si os Concelleiros/as da oposición poden acceder á documentación obrante no Concello en exercicio das súas funcións. Ante esto, a AEPD remítese de novo á Lei de Bases do Réxime Local, a cal no seu artigo 77 establece que os Concelleiros/as teñen atriibuida a posibilidade de consulta de documentación e información no exercicio da súa actividade de control dos órganos da Corporación, sen perxuicio das especialidades que puideran derivarse doutras normas máis específicas como o é a Lei General Tributaria.

Os Concelleiros/as deben recordar que únicamente poden acceder a esta información no exercicio da súa actividade e de acordo ás súas competencias, non podendo ceder os datos a ningún terciero/a.

Por último, respecto ao acceso á información de carácter tributario por parte dos Concelleiros/as da oposición compre matizar que así como anteriormente aludíamos ás atribucións conferidas por razón da súa actividade, neste caso, non alcanzan ditas atribucións para coñecer información tributaria, en aplicación das limitacións estblecidas polo artigo 95 da Lei General Tributaria, que establece o carácter reservado desta información e a prohibición de cesión da mesma salvo en determinados supostos e a determinados organismos públicos, non estando contemplado como excepción en ningún caso o acceso dos Concelleiros/as. Asimesmo esta restricción de acceso tamén aplica cando a información se refira a categorías especiais de datos, como datos relativos á saúde (art 9 RGPD), aos cales soamente se poderá ter acceso si os propios/as afectados/as os houberan feito manifestamente públicos.

Para más información contacte con nosotros, le informamos sin compromiso en el teléfono 988 609 224 y en despacho@ariasavogados.com

Síganos en Facebook y vea nuestro blog de protección de datos, para mantenerse informado de todas las novedades.

Comparte este artículo en tus redes
Toll Free
1-885-245-45635
New York
1-455-245-45623
Toronto
1-657-544-45623